Alba Forno pide máis apoio das Administracións para a Sociedade de Caza e Pesca e pon en valor o seu traballo a nivel ambiental

Alba Forno pide máis apoio das Administracións para a Sociedade de Caza e Pesca e pon en valor o seu traballo a nivel ambiental

A concelleira, xunto a outros membros do PSdeG-PSOE, mantuvo un encontro co colectivo no que abordaron todo o traballo que levan a cabo. 

Os socialistas resaltan o traballo que levan a cabo coa problemática do xbaril, xa que teñen cuadrillas formadas e colaboran co sector.

Lalín, a 31 de agosto de 2026. O PSdeG-PSOE de Lalín continúa coa súa rolda de reunións cos diferentes colectivos e entidades do municipio para coñecer de primeira man as súas necesidades e demandas. Neste marco, a voceira socialista, Alba Forno, acompañada polo concelleiro Mario López e por Eva Castro, membro da executiva local do PSOE, mantivo un encontro coa Sociedade de Caza e Pesca de Lalín nas instalacións do colectivo.

Os socialistas felicitaron aos seus integrantes polo traballo que veñen desenvolvendo ao longo dos anos. Desde o PSdeG-PSOE puxeron especialmente en valor a traxectoria da Sociedade de Caza e Pesca, un dos colectivos con maior antigüidade do municipio e con maior número de socios/as, máis de 400. Tamén resaltan a importante labor que realiza tanto no ámbito medioambiental como no fomento e divulgación da actividade da pesca e da caza.

Durante o encontro, o colectivo trasladou as súas principais necesidades e preocupacións. Neste sentido, “é necesario que as distintas administracións presten maior atención á Sociedade de Caza e Pesca e aposten por retomar e reforzar os convenios e vías de colaboración para apoiar o traballo que desenvolve a entidade”, indicou Forno.

Entre as actividades que realiza a Sociedade de Caza e Pesca, o PSdeG-PSOE destaca a súa labor de repoboación dos ríos para favorecer a actividade piscícola, así como a organización de cursos e actividades formativas relacionadas coa pesca. Unha actividade que “evidencia o compromiso do colectivo coa conservación do medio natural e coa transmisión destes coñecementos ás novas xeracións”. Tamén se abordou a preocupación existente polo estado dos ríos do municipio, especialmente ante os problemas de deterioro e contaminación que poden afectar tanto aos ecosistemas como á actividade da pesca. 

Outro dos asuntos tratados foi a problemática derivada da presenza do xabaril e as dificultades que afrontan os colectivos de caza para facerlle fronte. Neste sentido, os socialistas destacan especialmente o labor das cuadrillas e do persoal preparado para realizar as actuacións necesarias, contribuíndo a evitar que a presenza do xabaril provoque maiores danos, especialmente no sector gandeiro.

“É necesario que o Goberno municipal e o resto das administracións escoiten máis de preto aos colectivos que coñecen o territorio e que están a traballar cada día para dar resposta aos problemas que existen no noso medio natural”, sinalou Alba Forno. “A Sociedade de Caza e Pesca ten unha longa traxectoria e desenvolve un traballo que debe ser recoñecido e apoiado. Debemos sentarnos con eles, coñecer os seus proxectos e estudar vías de colaboración que permitan que poidan seguir desenvolvendo este labor en beneficio de Lalín”.

O PSdeG-PSOE de Lalín continuará con esta rolda de reunións co tecido asociativo do municipio, coa vontade de manter un contacto directo coas entidades, coñecer as súas propostas e trasladar as súas demandas.